
Mara ten as orellas grandes, pero como lle di a súa nai o que pasa é que son orellas de bolboreta, que revoan sobre a cabeza e pintan de cores as cousas feas. “Mara ten unha media rota”, dinlle a Mara os nenos. “Non, o que pasa é que teño unha deda curiosa”, contesta Mara.
Así, calquera pequena diferencia na que os nenos atopan motivo de burla, Mara transfórmaa en algo marabilloso, algo positivo, ata que ao final dáse conta de que nin iso é necesario: cada un é diferente e por iso cada un é especial.
Cunha estrutura rimada moi sinxela e unha ilustración que transmite optimismo e vitalidade o libro trata un tema moi próximo aos nenos sen dramatismos e con naturalidade.
Orellas de Bolboreta
Autora: Luisa Aguilar.
Ilustrador: André Neves.
Editorial: Kalandraka.
Recent Comments