A VIAXE DO BISAVÓ

Novidades Add comments

libros_13591.jpg

Éste é un relato sobre unha viaxe soñada e sempre aprazada: o bisavó, un gran xefe indio, soña con cruzar o mar , pero sempre hai algo que o retén: a marea, a falta de vento o nacemento da filla, en fin…a vida. Terá que ser a súa filla quen faga realidade o soño , cruzará o océano nun gran barco e coñecerá o que hai ó outro lado: as cidades, as xentes, os costumes, pero tamén a morriña e a soidade. Ata que asomada os tellados para tratar de oir os sons da súa terra, que tanto bota en falta, atopa a un rapaz que espera que o vento lle traia o recendo do mar. Namóranse, teñen fillos, netos, en fin…a vida. Unha das netas narra esta historia mentras contempla como a súa irmá, María, soña con cruzar o mar para coñecer o que hai do lado do bisavó.

A emigración, o paso do tempo, os soños, o ciclo da vida , a mestizaxe, todos estes temas están no libro, narrados cun suave veo de nostalxia, que non cae na tristura grazas a esperanza e a ledicia de vivir que  transmite a e as ilustracións de Aitana Carrasco, cheas de colorido e de sentido do humor e que destacan pola súa capacidade para reflectir o paso do tempo e o acumulo de pequenos detalles, recordos,  obxectos e imaxes que van conformando a historia dunha familia.

A viaxe do bisavó

Autora: Marta Farias

Ilustradora: Aitana Carrasco

Editorial: Kalandraka

Leave a Reply

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Entrar