![]()
A editorial OQO publica este libro de poesía para nenos, escrito por Xosé María Álvarez Blázquez, o escritor ó que este ano está adicado o Día das Letras Galegas . O poemario é unha escolma dos versos que o autor adicou a súa filla, Colorín ( así chamada polas “tres cores da cara da neniña: o cabelo loiro, os ollos moi azuis, as fazulas vermellas.”), ilustrados por Berta Cáccamo, outra das fillas do escritor, con acuarelas en suaves cores pasteis que recrean con trazos moi sinxelos, casi infantís, o universo íntimo, alegre e agarimoso dos poemas. Moi axeitado para ler en voz alta aos máis pequenos ou para agasallar aos que xa non son tan pequenos.
“ A ver, quen foi
o que fixo chorar á pequena?
ela non chora polo que lle doi,
senón porque é nena
e aínda non sabe decire quen foi.
Por eso ten pena,
que doer, non lle doi…”
O que ben che quer
Autor: Xosé María Álvarez Blázquez
Ilustradora: Berta Cáccamo
Editorial: OQO
Recent Comments