E QUE PODO FACER EU?

Novidades Add comments

0031.jpg

“ Todas as mañás, mentres toma o almorzo, o señor X le o xornal… sen saltar a letra pequena. Algunhas noticias non lle moven un pelo, outras fanlle cóxegas e moitas danlle arrepíos desde a punta da deda gorda até a punta do nariz. Entón o corpo éncheselle de preocupacións….”

Despois de ler o xornal ao señor X unha pregunta dalle voltas á cabeza todo o día: E que podo facer eu ?. Esa pregunta e as preocupacións ás veces impídenlle durmir, pero unha mañá a pregunta, que se lle acomodou na lingua mentras durmía, sae pola súa boca e, de súpeto, oe como unha veciña lle contesta: pídelle que lle vaia a pólo pan, xa que ela non pode baixar as escaleiras; o señor X non é quen de se negar. Á mañá seguinte outra muller pídelle que a leve ao hospital; o señor X non pode dicir que non. E así, día tras día, sempre que fai a pregunta alguén  responde cunha petición e, aínda que ler o xornal ás veces segue a causarlle desacougo, as preocupacións xa non lle impiden durmir.

Unha historia que leva á reflexión sobre o significado da solidariedade, que alerta sobre o risco de deixarse paralizar pólo exceso de información , e que invita a mellorar o mundo con actos en apariencia pequenos que, ó mellor, non o son tanto.  O álbum está delicadamente ilustrado por Jesús Cisneros, gañador do Premio Lazarillo de Ilustración do pasado ano. 

 

E que podo facer eu?

Autor: José Campanari.

Ilustrador: Jesús Cisneros.

Editorial: OQO

Leave a Reply

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Log in