BOCAS. ANIMAIS EXTRAORDINARIOS

Novidades Add comments

0013.jpg

Bótanse en falta máis obras de divulgación ou información para nenos en galego, por iso é de agradecer a iniciativa de Kalandraka de comezar unha nova serie de libros dentro da súa colección de ciencias que xa se inaugurara con “Pequechos”, un conxunto de libros sobre crias de animais nos diferentes ecosistemas do planeta. Nesta ocasión a obra vai dirixida a nenos un pouco máis maiores e céntrase na forma en que distintos animais adaptaron a súa estratexia alimentaria ó seu entorno . De cada un deles hai unha descripción detallada, acompañada por ilustracións que polo seu realismo son comparables a fotografías. Ó final do libro, atopamos unha ficha completa, xunto con un glosario. Os textos son de Xulio Gutiérrez, pertencente á Sociedade Galega de Educación Ambiental e as ilustracións de Nicolás Fernández, ilustrador especializado en natureza. Así, o libro ten o valor engadido de seres unha obra orixinal, esto é, non traducida.

 E xa que falamos de divulgación, a editorial Baía ven de publicar tres libros novos da súa serie de ciencia: “ Baleas e golfiños”; “Sistema Solar” e “Océanos e mares” que, xunto cos anteriores, forma unha das máis completas coleccións de libros informativos en galego para pequenos.

 

Bocas. Animais Extraordinarios.

Autor: Xulio Gutiérrez.

Ilustrador: Nicolás Fernández.

Editorial: Factoría K de Libros.

Leave a Reply

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Log in