A editorial “La Galera” en colaboración co Club de Lectores Kirico ven de crear o primeiro premio “ Jóvenes Lectores” no que son os propios mozos os que elixen o libro gañador. Así, un xurado formado por 200 rapaces e rapazas de entre 12 e 15 anos decidirá, despois de ler durante o verán os tres orixinais finalistas, cal lles parece merecedor do premio. Dende a nosa libraría, Marcos, Fátima e Daniel aceptaron a responsabilidade e xa están cos libros. Esperamos con ilusión o resultado e o seu veredicto.
Jul 23
Recent Comments