
Un día de primavera esquío ten un encontro no bosque e, a partir dese momento, xa non pode pensar noutra cousa: váiselle a voz, dóelle o estómago, núblaselle a vista; é algo que nunca sentira, así que decide pedir consello aos outros animais ; cada un deles ten unha recomendación diferente que facerlle, todas moi, moi extrañas. Pero é igual , porque cando chega a hora da verdade esquío ponse tan nerviosa que só é capaz de tapar a cara co rabo… Pero, ¿quen é o amor de esquío?. Pronto deixará de ser un segredo .
Javier Sobrino cóntanos unha sinxela e universal historia de amor cunha lenguaxe e unha estructura axeitada á sensibilidade dos máis pequenos, que nos fala da atracción, do amor e do pouco que importan as diferencias ou a opinión dos demáis cando éste aparece. Elena Odriozola axuda a darlle vida á historia coas súas características ilustracións, tan suxerentes como capaces de gardar o segredo ata ó final.
Escrito por: Javier Sobrino.
Ilustrado por: Elena Odriozola
Editorial: OQO
Recent Comments