AS AVENTURAS DA MAZÁ VERMELLA

Reseñas Add comments

0022.jpg

A editorial Kalandraka foi merecedora do premio ao labor editorial que cada ano entrega a libraría “El Dragón Lector” de Madrid polo seu traballo na recuperación de clásicos xa descatalogados ou inencontrables fora das bibliotecas. Dentro desa liña poderíamos incluir o título do que agora falamos, unha reedición do autor sueco Jan Lööf que foi publicada orixinalmente nos anos 70.

Narra con poucas palabras pero moitas imaxes a seguinte historia : un home vai mercar nunha froitería unha saborosa mazá vermella, pero o froiteiro decide venderlle unha de plástico e gardar para sí mesmo unha fermosísima mazá que pende da súa árbore e que está coidando para presentar a unha exposición; moi satisfeito co seu engano non conta con que o azar, en forma de casualidades encadeadas, vaille a xogar unha mala pasada e daralle o seu merecido.

Por suposto que así contada non podemos sospeitar a gracia que contén unha historia en apariencia  sinxela, pero que debe a súa comicidade á sucesión de absurdos e disparates encadeados ós que vamos asistindo mentres seguimos as aventuras da mazá por toda a vila.

As ilustracións, a toda páxina e seguindo unha secuencia lineal,  son realmente as que narran a historia, cheas de detalles humorísticos que requiren da complicidade do lector.

Noraboa a Kalandraka polo premio e pola súa selección de títulos.

Escrito e ilustrado por : Jan Lööf

Editorial: Kalandraka

Leave a Reply

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Entrar