REVISTA BLOC

Novidades Add comments

0035.jpg

Xa temos nas mans o número 2 da revista BLOC, ¡ Qué maravilla ! Está adicado á cidade como espacio estético e deleitanos con catro reportaxes sobre outras tantas vilas españolas, cada unha delas recreada por textos e debuxos orixinais: Donostia ( Juan Cruz Igerabide/ Elena Odriozola), Palma de Mallorca (Miquel Rayó / Max), Zaragoza ( Daniel Nesquens / Elisa Arguilé ) e Santiago de Compostela ( Xosé A. Neira Cruz / Miguelanxo Prado ).

Disfrutamos tamén dun artigo de Teresa Durán sobre cidades ilustradas, onde atopamos cidades imaxinadas, clónicas ou transformadas, todas inmortalizadas polos ollos e polas mans dos artistas que fixeron delas a súa fonte de inspiración.

Unha entrevista con Jörg Müller, acompañada polas impactantes ilustracións que fixo alá polos setenta do pasado século para ós álbums ” A transformación dunha paisaxe ” e ” A transformación dunha cidade ” nos que plasma a evolución que sufren dúas paisaxes urbanas en tan só unhas poucas décadas.

Unha persoal reflexión de Gustavo Martín Garzo seguindo o fío dos debuxos dos cadernos de viaxe de Enrique Flores ( e falando de Enrique Flores aproveito para recomendar unha visita á páxina que comparte con Antonia Santolaya www.4ojos.com ; e falando de cadernos de viaxe aproveito para recomendar o Caderno de viaxe de Gusti publicado por Kalandraka ) .

Por último, as habituais reseñas de álbums ilustrados para completar un número feito para ser degustado de principio a fin e volta a empezar.

http://revistabloc.es/

Leave a Reply

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Log in