Despois dunha longa tempada sen escribir por mor do Nadal , non por falta de libros que reseñar, senón por falta de tempo para facelo con calma, comezamos un novo ano cheo de libros, ilusións e proxectos que compartir. Retomamos as actividades na libraría o día 31 de xaneiro, no que adicaremos a nosa mañá de contos á imaxinación (fai click na pestana de actividades para saber o que tes que facer se queres participar).
En canto ao blog, agora que xa temos calma e antes de poñermos coas novidades que imos recibindo, adicaremos unhas entradas a recomendar algúns dos libros que chegaron onda nos estes meses e que xa teñen asignado un sitio preferente nos nosos estantes.
Ene 25
Enero 25th, 2009 at 11:16 pm
Comentou-me algo un Rato amigo (saberedes de nós en http://anosabiblio.blogspot.com) meu da vosa libraria, e a verdade é que quedou un pouco curto nas suas louvanzas. Aproveitei para visitar-vos várias veces (disfarzando as miñas orellas trasneiras) e só podo dicir que me encontro en casa, nada máis e nada menos.
A seguir asi, que somos moitos (trasnos e humanos) quen vos aprezamos.