Chega a nosa conta de correo unha circular da fundación Blas de Otero na que se nos informa da convocatoria do concurso de fotografía “Imágenes para unos versos” destinado a xoves entre 14 e 20 anos. O concurso xurde coa intención de promover o coñecemento da obra deste poeta entre a xente nova e de “vincular a poesía de Blas de Otero coas imaxes captadas polos participantes buscando nos versos e as imaxes un cruce de emocións e sensibilidades”. Pídesenos colaboración na difusión do concurso, ó que accedemos con gusto na medida das nosas posibilidades, porque éste tipo de iniciativas merecen toda a publicidade posible e porque algúns dos versos do poeta vasco me acompañan dende hai moito tempo.
Información e bases: www.fundacionblasdeotero.org
Enero 27th, 2009 at 11:42 pm
Gracias por haceros eco de la iniciativa