
Hai moito tempo, cando China estaba dividida en tribos, cada unha delas adoitaba elexir un espírito protector. Cada un deses espíritos tiña algo en común coa súa tribo: se ésta era de pescadores, o espírito era un peixe; se de xinetes, un cabalo; e os cultivadores de arroz elexiran o búfalo de auga que lles axudaba a cotío no seu labor. Pero , ademais de confiar nos espíritos para que as protexera, as tribos tamén loitaban entre sí no seu nome; e tanto pelexaban que os nenos, fartos da guerra, decidiron crear un espírito que representase a todas as tribos e as protexese a todas “… Tomaron o corpo da serpe e pegáronlle as escamas do peixe. Colleron a cabeza do cabalo e puxéronlle os cornos do búfalo. Logo xuntaron a cabeza e o corpo, e engadíronlle as patas do paxaro[...] e a aquel animal fabuloso chamáronlle DRAGÓN”. Dende entón o dragón é para os chineses o símbolo da paz.
Ésta é a historia que narra o libro e faino en galego ou castelán e tamén en chinés, utilizando a caligrafía que se aprende nas escolas dende hai máis de mil cincocentos anos e con ilustracións inspiradas nos gravados chineses. Está concebido como unha obra de arte e feito para disfrutar coa súa lectura (o tacto do papel é unha marabilla), conseguindo ademais algo difícil neste tipo de libros: chegar ós pequenos ós que en principio vai dirixido ; para eles está pensado o despregable que trae o final co que se pode practicar a caligrafía chinesa, colorear un gravado ou , incluso, crear un xogo de memoria. É fantástico como fonte de inspiración para realizar actividades artísticas. Precioso.
Escrito por: Marie Sellier
Ilustrado por: Catherine Louis.
As caligrafías e os selos : Wang Fei
Editorial: Factoría K
Recent Comments