A GRANDE VIAXE

Novidades Add comments

00110.jpg 

Achegámonos a Galicia, pero sen alonxarnos moito de Bolonia, xa que outro dos gañadores na Feira do Libro Infantil é Gabriel Pacheco, ilustrador do libro de poemas “Hago de mi voz un cuerpo”, que mereceu a mención de honra na categoría “Novos Horizontes”. Pois ben, o ilustrador mexicano pon imaxes ao texto de Anna Castagnoli no libro que acaba de publicar a editorial OQO .

Un neno soña esperto na súa habitación : construirá un barco para viaxar polo mundo ; o barco, ademáis de flotar terá ás para voar e rodas para andar pola terra e así , unha noite cando todos durman, subirá a bordo e partirá nunha viaxe fantástica : descubrirá novos países, animais salvaxes, xentes diferentes… ata que, canso, regresará a súa casa onde será recibido coma un heroe.

É grazas ás fermosas e surrealistas ilustracións de Gabriel Pacheco  que nós compartimos esta viaxe onírica do neno protagonista, xa que son elas as que realmente conseguen transportarnos lonxe da habitación donde nós lemos e o neno soña . O libro convírtese así nun trampolín, no noso propio barco para soñar espertos o que, a verdade, non está nada mal.

Escrito por: Anna Castagnoli.
Ilustrado por: Gabriel Pacheco.
Editorial: OQO

Leave a Reply

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Log in