Este sábado Ana e Patricia, da editorial Kalandraka , visitaron a nosa libraría e con elas poidemos disfrutar dunha chea de historias…
…. algúns acordámonos dos nosos avós, que nos contaban unha e outra vez un conto sobre un neno moi pequeno, moi pequeno, pero moi valente e arriscado. Así que todos, grandes e pequenos, poidemos cantar a canción de Garavanciño: “Pachín, pachín, pachón, moito coidado co que facedes….. pachín, pachín, pachón, a garavanciño non pisedes”

Rimos moito con Taro, o neno- león, e coa súa nai…. rifa que te rifa.

Abraiadiños nos tiñan coa historia do neno perdido no bosque… ¡Levamos un susto!, menos mal que todo acabou ben…

¡¡E atopamos a Papá!!
Moitas grazas ás nenas e nenos, papás e mamás, Ana e Patricia e, moi especialmente, a Xosé e a editorial Kalandraka ós que temos moitos motivos para estar máis que agradecidas.
Marzo 13th, 2009 at 11:57 pm
Fermosa illa de soños, tan necesária nestes tempos de mudanzas. Talvez debamos aprender os adultos de vós, nenas e nenos, a incansábel vontade de reimaxinar todo cada vez que unha palabra aparece no horizonte para nos levar ao outro lado da vida, onde beber da luz que nos pertence, aqui e sempre.
Desde o Bosque da Liberdade agradecemos que sempre teñades un sorriso para os trasnos agachados nos ollos de quen vos visita.