A Biblioteca de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña ven de inaugurar o seu wiki de cine de educación e psicoloxía (http://cineduca.pbwiki.com).
Está dividido en dous apartados:
1. Filmografía por materias (educación, psicoloxía…)
2. Recursos sobre cine.
O certo é que paga moito a pena facerlle unha visita, xa que está traballadísimo, tanto a parte de filmografía, moi completa e perfectamente estructurada, como a parte de recursos (bibliográficos, documentais, na rede…) que o convirte nunha estupenda ferramenta non só para educadores senón para o público en xeral. Un traballo fantástico.
Recent Comments