LOGO… OS PEIXES TEÑEN PATAS?

Novidades Add comments

 n_p_gina_04.jpg

Nós pensabamos que non, pero ben se ve que iamos moi desencamiñadas… primeiro foron os peixiños de Vabau, que chegaron onda nós corre que corre coas súas patiñas recén estreadas, e logo enterámonos de que os libros de  Oliver Jeffers xa  podían ser disfrutados en galego, grazas a unha nova  editorial que estaba a dar os seus primeiros pasos, camiñando con… ¡PATASDEPEIXE! .

É así como se chama esta nova editorial galega que xurde do amor dun grupo de traductores por ésta a nosa lingua e a verdade é que estamos encantadas coa  elección que fixeron para comezar a súa andaina,  xa que este autor foi un dos primeiros descubrimentos que fixemos en Quimbamba . Os seus libros “Como atrapar una estrella” e, sobre todo, “Perdido y encontrado”, ambos editados en castelán por Fondo de Cultura Económica, son desas recomendacións que teñen o acerto case case asegurado; poucas persoas hai que os viran e non se namorasen destas historias tan fermosas como sinxelas , nas que texto e ilustración están tan ben compenetrados.

Despois viñeron “De regreso a casa” e o  que temos nas mans, “O incrible neno devorador de libros”,  no que coñecemos a Henry, un neno ó que lle entusiasma papar libros: come todos os que caen nas súas mans  ata que descobre que moito  mellor que comelos é lelos e , por riba de seren menos indixestos,  aprendese moitísimo máis e pásase bastante mellor.

Un xeito divertido e orixinal de fomentar o “gusto” pola lectura. Para saberes algo máis  deste libro e da nova editorial podedes entrar na súa páxina(www.patasdepeixe.com) na que, entre outras cousas, teñen un enlace á páxina do autor que paga a pena visitar.

O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS
Escrito e ilustrado por
: Oliver Jeffers
Editorial
: Patasdepeixe

Leave a Reply

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Log in