NOVAS MIRADAS

Reseñas Add comments

img0121.jpg 

Se  eu fose quen de escribir ou ilustrar un libro tan pensado e traballado como El libro negro de los colores” creo que, por riba de calqueira premio, parabén ou eloxio que se me fixese,  quixera que alguén lera, pensara, interpretara e recreara o meu traballo do xeito en que o fixeron, por exemplo, os alumnos de quinto e sexto de primaria do CEIP JOSÉ CORNIDE SAAVEDRA en A Coruña.

Se máis aló do disfrute coa súa lectura e contemplación, as autoras querían con esta obra mover á reflexión, velaí vai un exemplo de cómo, alomenos neste caso, cumpriron con creces.

Moito mellor do que charla, película, ou exemplo ningún que se lles  poidera amosar tería conseguido, estas nenas e nenos deron atopado  dentro deles mesmos un xeito de expresar a vivencia das cores sen utilizar o sentido da vista, experimentando así unha das experiencias máis enriquecedoras que se poden vivir coa lectura: o descubrimento dunha nova perspectiva dende a que interpretar o que nos rodea .

¿Será así , mirando para dentro, como poderemos comprender, ós que parecen ser diferentes de nós?

E ¿será así, mirando para dentro, como han de atopar os nosos nenos unha mirada nova coa que entender e cambiar este mundo que lles deixamos?

¿Poderán axudarlles nesta tarefa os libros? Neso están algúns e algunhas.

img0061.jpg

Máis en http://anosabiblio.blogspot.com/

2 Responses to “NOVAS MIRADAS”

  1. cristina Says:

    Hola, soy una alumna del colegio José Cornide y me ha gustado que se interesaran por este trabajo. Se lo agradezco.

    Cristina 5º primaria

  2. Noelia y Vanessa 6º Says:

    Ola somos unhas rapazas do colexio JOSÉ CORNIDE e participamos en “novas miradas” e estamos encantas, co voso comentario.

    Grazas e moitos bicos.

Leave a Reply

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Log in