BOLBORETAS

Reseñas Add comments

8440305133.jpg

E dunha recomendación a outra. Desta vez foi unha cliente, profe nun instituto, quen falando das dificultades na selección de literatura xuvenil, á marxe das modas de cada momento, aconsellounos este libro. É unha historia pequena, sinxela, que fala de como espertamos a algunhas das emocións máis intensas da vida, á introspección, á soidade . A primeira vez que sentimos que podemos compartir algo moi íntimo cunha persoa especial. O noso primeiro bico. A primeira vez que namoramos.

Ela, nos dixo, acostuma a lelo na clase e as nenas suspiran e os nenos fanse os duros, coma se nada tivese cambiado. Fala dun rapaz que xoga a un xogo solitario: con coidado de non mancala atrapa na boca unha bolboreta e goza coa sensación de tela dentro revoando, pensa que é a sensación máis marabillosa do mundo ata que unha rapaza á que trata de aprenderlle o seu xogo pídelle que llela pase, de boca a boca e, cando o fai, descobre outra sensación aínda máis incrible, a de ter un milleiro de bolboretas voándolle por dentro.

Delicado o texto e delicada a ilustración coma delicada é a emoción que reproduce, imposible de esquecer por máis que pasen anos por riba de nós.

Escrito por: Xabier P. Docampo

Ilustrado por: Xosé Cobas

Editorial: Everest

One Response to “BOLBORETAS”

  1. inma Doval Says:

    A verdade é que é moi fermoso, a mín regaláronme hai tempo e me encanta.

Leave a Reply

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Log in