Jul 10

A asociación europea “Du côte des filles” que, entre outras cousas, realiza estudios para detectar e tratar de eliminar a discriminación e os estereotipos sexistas dos álbumes ilustrados e que ten como principal impulsora a Adela Turín, creadora na década dos 70 dunha serie de historias editadas en España por Lumen e chamadas precisamente así ” A favor de las niñas”, animou dous deses contos escritos por ela mesma e ilustrados por Nella Bosnia.
No conto ”Una feliz catástrofe” xoga un papel importante o sofá, que era uns dos elementos sobre os que se lles preguntaba a nenas e nenos nun estudio que a asociación fixo na década dos 90 do pasado século : se lles presentaba un sofá grande, con orellas, diante dunha cheminea e nel un oso repantingado sen atributo ningún que o identificase cun sexo determinado e se lles preguntaba a nenas e nenos se era macho ou femia. Case con unanimidade responderon que se trataba dun oso macho e comentan as investigadoras que “…nada , nin un mono cun bebé no colo, nin un oso cun meniño sobre o bandullo, nin un cesto con cousas para facer punto, un sofá máis pequeno, un oso máis pequeno ou máis riseiro…nada, en fin, foi dabondo para que a imaxe do descanso, do pracer, fose materna ou feminina aos ollos dos nenos”.
Como resume moi ben un dos pequenos ó que se lles preguntou :“É un papá, porque está tumbado. O sofá sempre é do papá. Vexoo nos libros.”. Haberá que confiar en que se o estudio se fixese hoxe as respostas cambiarían un pouco… ¿non?.
Para ver a animación do conto pincha na imaxe:

www.ducotedesfilles.org
Jul 10

Grisela é unha ratiña gris que está triste sin saber por qué. Pensa e pensa e decide que, ó mellor, pintándose dunha cor diferente consigue cambiar o seu ánimo , así que colle un bote de pintura e se vai transformando, píntase de vermello, de verde, con lunares, con raias, pero nada da resultado. Por máis que cambia por fora, nada cambia por dentro. Cada transformación é recibida con curiosidade e diversión polo resto de animais cos que Grisela se vai atopando. Pero, tras un baño na auga que a deixa tan gris coma o principio, Grisela atopa a outro rato que pensa que a súa cor é fascinante e, de súpeto, a nosa ratiña esquece a tristeza.
Entre as diferentes lecturas da historia que nos conta Grisela hai dúas que poden parecer contradictorias, pero que de feito son complementarias : para acadar unha certa felicidade é importante que cada un se acepte tal e como é, pero igual de importante é que aqueles cos que convivimos nos acepten tal e como somos. Por máis que loubemos o valor da diferencia, case todos necesitamos recoñecernos e ser recoñecidos polos outros para aceptar a nosa individualidade, o que non sempre é doado.
Aínda que un neno non faga unha lectura tan elaborada, é fácil que se identifique dun xeito instintivo cos problemas que atopa Grisela na construcción da súa identidade. Neso vanlle axudar moito as ilustracións que desdramatizan a historia co uso da cor nas figuras, que destacan contra un fondo blanco coma se fosen un xogo de recortables.
Escrito por: Anke de Vries
Ilustrado por: Willemien Min
Editorial: Factoría K de libros
Jul 02

Este álbum demuestra de manera ejemplar la fuerza expresiva de la simplicidad. Una línea blanca dibujada con tiza por un niño divide en dos mitades la página. En el lado izquierdo se sienta el niño, satisfecho porque ha dibujado los límites de su casa. En el lado derecho un caracol, un árbol, la lluvia o un conejo se empeñan en traspasar la línea, que es reparada una y otra vez por el niño, cada vez más enfadado.
De pronto otro niño se acerca . Se para . Observa la línea y se da la vuelta, dejando al pequeño muy satisfecho… tan sólo por un momento, justo lo que tarda en darse cuenta de que a su alrededor sólo hay vacío. Así que decide borrar la línea y correr en busca de un nuevo amigo con el que jugar.
Casi sin palabras, con la sencillez y claridad de una tira cómica, se nos cuenta una historia tan simple o tan compleja como la mirada y la mente del lector sea capaz de elaborar.
Escrito e ilustrado por: Jérôme Ruillier
Editorial: Juventud
Recent Comments