GRISELA

Novidades Add comments

006.jpg

Grisela é unha ratiña gris que está triste sin saber por qué. Pensa e pensa e decide que, ó mellor, pintándose dunha cor diferente consigue cambiar o seu ánimo , así que colle un bote de pintura e se vai transformando, píntase de vermello, de verde, con lunares, con raias, pero nada da resultado. Por máis que cambia por fora, nada cambia por dentro. Cada transformación é recibida con curiosidade e diversión polo resto de animais cos que Grisela se vai atopando. Pero, tras un baño na auga que a deixa tan gris coma o principio, Grisela atopa a outro rato que pensa que a súa cor é fascinante e, de súpeto, a nosa ratiña esquece a tristeza.

Entre as diferentes lecturas da historia que nos conta Grisela hai dúas que poden parecer  contradictorias, pero que de feito son complementarias : para acadar unha certa felicidade é importante que cada un se acepte tal e como é, pero igual de importante é que aqueles cos que convivimos nos acepten tal e como somos. Por máis que loubemos o valor da diferencia, case todos necesitamos recoñecernos e ser recoñecidos polos outros para aceptar a nosa individualidade, o que non sempre é doado.

Aínda que un neno non faga unha lectura tan elaborada, é fácil que se identifique dun xeito instintivo cos problemas que atopa  Grisela na construcción da súa identidade. Neso vanlle axudar moito as ilustracións que desdramatizan a historia co uso da cor nas figuras, que destacan contra un fondo blanco coma se fosen un xogo de recortables.

Escrito por: Anke de Vries

Ilustrado por: Willemien Min

Editorial: Factoría K de libros 

Leave a Reply

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Log in