UNHA CATÁSTROFE MOI AFORTUNADA

Libraría Add comments

familiaratona.jpg

 A asociación europea “Du côte des filles” que, entre outras cousas, realiza estudios para detectar e tratar de eliminar a discriminación e os estereotipos sexistas dos álbumes ilustrados e que ten como principal impulsora a Adela Turín, creadora na década dos 70 dunha serie de historias editadas en España por Lumen e chamadas precisamente así ” A favor de las niñas”, animou dous deses contos escritos por ela mesma e ilustrados por Nella Bosnia.

No conto ”Una feliz catástrofe” xoga un papel importante o sofá, que era uns dos elementos sobre os que se lles preguntaba a nenas e nenos nun estudio que a asociación fixo na década dos 90 do pasado século : se lles presentaba un sofá grande, con orellas, diante dunha cheminea e nel un oso repantingado sen atributo ningún que o identificase cun sexo determinado e se lles preguntaba a nenas e nenos se era macho ou femia. Case con unanimidade responderon que se trataba dun oso macho e comentan as investigadoras que “…nada , nin un mono cun bebé no colo, nin un oso cun meniño sobre o bandullo, nin un cesto con cousas para facer punto, un sofá máis pequeno, un oso máis pequeno ou máis riseiro…nada, en fin, foi dabondo para que a imaxe do descanso, do pracer, fose materna ou  feminina aos ollos dos nenos”.

Como resume moi ben un dos pequenos ó que se lles preguntou :“É un papá, porque está tumbado. O sofá sempre é do papá. Vexoo nos libros.”. Haberá que confiar en que se o estudio se fixese hoxe as respostas cambiarían un pouco… ¿non?.

Para ver a animación do conto pincha na imaxe:

dibujo21.jpg

www.ducotedesfilles.org

Leave a Reply

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Log in