Ago 06

Marchamos de vacacións do 7 ó 24 de Agosto .
Coma Frederick pensamos facer unha boa colleita de palabras, cores, sonos e raios de sol e gardalos ben gardadiños para encher con eles Quimbamba durante todo o inverno. Para non esquecer a nosa misión levamos nos petos a colección de libriños para prelectores que, co ratiño de Leo Lionni como protagonista, Kalandraka publicou este verán e que seguro que será unha das nosas recomendacións nos próximos meses.
Que pasades un Agosto fantástico!
Agosto 7th, 2009 at 4:52 pm
xa os vin, que bonitos, parécenme de moito interese algún novo de MacMillan, ao meu neno un da serie da galiña detective cloti (debuxada por Emilio Urberuaga) encantoulle,a do misterio dos ovos de ouro, e iso que non é gran lector, foi unha lectura a dúas bandas, http://www.macmillanlij.es/Emilio-Urberuaga.1756.0.html?&L=0, un libro fermoso deste verán foi o novo de stian Hole en Kokinos e os que espero con alegría son os novos de Barbara Fiore, mira http://barbara-fiore.com/dossiers/Novedades_Sep-2009.pdf en pdf
bo agosto!