A NOITE DAS FILANTES

Novidades Add comments

001

“Entre as filantes daquela noite de agosto, e mentres os nenos pedían desexos, unha chegou ao chan….”

Así comeza a viaxe dos nenos na procura dunha estrela que cae do ceo.  Na súa busca os pequenos irán atopando moitas cousas inesperadas, pero a máis inesperada de todas chegará xusto ó final . Os nenos atoparán a luz onde a ninguén se lle ocorrería ir buscala.

Do mesmo xeito que o lector atopará, tras da aparente simplicidade do texto e da ilustración, toda a forza da auténtica emoción. Autor e ilustrador demostran unha vez máis que na literatura, como na vida, case sempre é mellor suxerir que amosar . E que na difícil arte  da sutileza eles son mestres.

Escrito por: Xabier P. Docampo

Ilustrado por: Xosé Cobas

Editorial: Galaxia

Leave a Reply

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Log in