
Moi é unha nena que vive nunha illa do Caribe . Un día a aldea aparece chea de buratos nos que por moito que escaravella non atopa animal ningún. Pola noite, sen embargo, algo se move cara á praia; a nena, intrigada, pregunta ós seus maiores que lle explican a historia dos cangrexos violinistas, que saen dos seus tobos á noitiña e se alimentan de flores. A partires de ese momento Moi , fascinada, adícase a recoller hibiscos que deixarlles ós cangrexos e a espreitalos para descubriren como viven . Comeza así unha relación entre a pequena e os animais na que éstos amosarán a Moi o seu afecto e agradecemento dun xeito moi especial. O relato do escritor compostelán e biólogo de formación Xavier Queipo fálanos, entre outras cousas, da curiosidade e da emoción do coñecemento que xurde en nos dun xeito natural cando temos a oportunidade de convivir coa natureza .
De recrear para nos o mundo de Moi encárgase, coas súas fermosísimas ilustracións, o artista aragonés Jesús Cisneros (premio Lazarillo de Ilustración no ano 2007) . Cos seus estilizados e elegantes debuxos, que xa estamos aprendendo a recoñecer, enche de poesía o mar, o ceo, a noite, os habitantes e ata os cangrexos azuis da illa caribeña. Un disfrute visual.
Escrito por: Xavier Queipo.
Ilustrado por: Jesús Cisneros.
Editorial : OQO
Recent Comments