FURACÁN

Novidades Add comments

002

Dúas novidades de Kalandraka ben diferentes. Por un lado, “Furacán”,  unha obra que ten como base argumental o famoso “efecto bolboreta” : a lixeira brisa que se levanta nun pequeno pobo medra e medra ata converterse nun furacán que, coa súa forza, arrinca follas, chapeus,  tellados e ata a cor de todo o que toca. Os veciños, tristeiros nun mundo que, de súpeto, é gris  emprenden unha viaxe para atopar o lugar onde nace o furacán, que resultará ser moito máis humilde do que todos esperaban.

Os xogos de palabras e unha estructura repetitiva e acumulativa danlle emoción á busca que emprenden os veciños,  na que participamos axudados polas ilustracións, de estilo xeométrico e cheas de pequenos detalles, que combinan páxinas en branco e negro, con outras coa cor como protagonista. Tanto polo tema como pola estética, é unha obra diferente que require dunha lectura repousada e de certa sensibilidade para ser apreciada, pero que ten a virtude de poñer a cabeza dos pequenos a pensar.

A outra novidade :” O porquiño” de Arnold Lobel , un clásico da literatura infantil  creador de personaxes tan inesquecibles como Sapo e Sepo , ten toda a sinxeleza, tenrura e inxenuidade que caracterizan ás obras deste autor, do que Kalandraka xa publicara “Contos de Ratiños” e ” Sopa de rato” e que tanto se prestan para lerlles en voz alta ós nenos. Neste caso un porquiño ó que o que máis lle gusta no mundo é, como é lóxico, emporcarse na lama, sofre as consecuencias da furia limpadora da granxeira coa que vive que, de tanto limpar e limpar,  deixao sen lameira , así  que non lle queda outra que partir na busca doutro lugar onde emporcarse a gusto . Pero o mundo lonxe da granxa é máis complicado do que parece e o porquiño vivirá toda unha aventura na cidade, ata que os granxeiros den con él e o leven de volta ó fogar.

o porquiño

FURACÁN

Escrito por: Txabi Arnal

Ilustrado por: Neus Bruguera

O PORQUIÑO

Escrito e ilustrado por: Arnold Lobel

Editorial: Kalandraka

Leave a Reply

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Log in