TIC TAC

Novidades No Comments »

 

Tic-Tac_pastilla[1]

Tic Tac” é o novo libro-disco de KALANDRAKA, interpretado por Pablo Díaz, con ilustracións de Marc Taeger e colaboracións musicais: Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey, Ruote… Conta tamén coas achegas de Santiago Auserón e de Xurxo Souto no prólogo e no epílogo, respectivamente.

As 16 cancións do disco abordan temas próximos aos máis novos, como a natureza, o mar, os animais ou o fogar, proporcionándolles vocabulario e fórmulas de expresión a través da música. Un libro-disco para ver, escoitar e cantar que se complementa cunhas espectaculares ilustracións elaboradas coa laboriosa técnica do linogravado.

O reloxo de Alberte” é o principio deste percorrido musical, cun áxil “Tic tac” (Fran Amil na batería e Tito Calviño na guitarra eléctrica). Co son da harmónica, convencémonos de que “un libro está sempre comigo e así pode ser o meu amigo”. E neste tempo de inverno, non podía faltar “A choiva”, na voz de Xabier Díaz. Os animais do cortello son os protagonistas encadeados de “Un vello”, a ritmo de violín e bouzuqui. As gaitas e a percusión soan con enerxía en “O traxe de metal” (Brais Maceiras no acordeón diatónico).

Na canción da cunca, sobre os obxectos que se atopan na cociña, conta nos coros coas Axeitadiñas. “Imos contar un conto” lévanos con ledicia pola beira da imaxinación. As cousas do amor están presentes na historia do “Crocodilo”, no que destaca a música a base de cavaquiño, saxofón, frauta travesa e trombón. Carmen Rey canta e interpreta o piano na suave melodía “No mar”.

“Son un trasno” recrea un divertido relato, con profusión musical e acústica (Pedro Lamas no saxofón). Os efectos sonoros acompañan “O reiseñor”. A guitarra eléctrica e a batería marcan o compás en “O rock do porco celta”. Séguelle a historia do “Moucho chosco”, coa voz da pequena Icía poñendo o ton infantil. “Un, dous, tres” é a canción dun libro homónimo de FAKTORÍA K. Ruote acompaña o retrouso popular de “O jai jai” e, por último, Guadi Galego é a voz e o piano dun doce “Arrolo” que nos acompaña na hora de durmir.

[Texto da presentación editorial do libro]

Gústanos tanto que xa o sabemos de memoria e imos compartilo con quen queira vir a escoitar, cantar e bailar con nós o próximo sábado na libraría (para saber máis clica na pestana de actividades).

Texto e Música: Pablo Díaz

Ilustracións: Marc Taeger

O FUTURO XA ESTÁ AQUÍ

Libraría No Comments »

IMG_3190

Xusto antes do Nadal os alumnos de primeiro curso  de diseño da Escola Superior  Marcelo Macías estiveron na libraría para presentar o seu traballo do trimestre que consistía na creación, de principio a fin,  dun libro para nenos. Para todos eles era a súa primeira experiencia como creadores de literatura infantil, mais ninguén o diría á vista dos traballos realizados,  cheos de creatividade e orixinalidade e coidados ó detalle: houbo algún feito con material de reciclaxe,  outro elaborado de xeito  artesanal coma un collage; algún plastificado para seren usado no baño; algún feito a partir dun libro usado… houbo historias prácticas, de fantasía, surrealistas… Todos e cada un deles tiña algo que o facía especial (houbo algún cliente que nos dixo que de estaren á venda  mercaríaos sen dubidalo ).

IMG_3195

Aquí podemos ver unha pequena mostra dos traballos realizados. En total foron cinco os  libros presentados:

“Sofía empieza el cole” de Pedro Maceiras

“Las aventuras de Pipo” de Pablo Ares

“Beto y su fiesta de cumpleaños” de Marta Leira

“Las aventuras del conejo Dani” de Laura Moreira

“René vuela soñando” de René Olmo

“Leo” de Laura Costa

IMG_3207

Tedes máis información sobre os libros e os seus autores no blog da escola.

IMG_3216 IMG_3215

Foi un pracer recibilos en Quimbamba , onde estivemos un bo rato falando de libros, con eles e co seu profesor Jorge Couceiro. Seguro que algún día nas nosas estanterías haberá algún libro de calqueira destes artistas.

 

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Log in