
Xusto antes do Nadal os alumnos de primeiro curso de diseño da Escola Superior Marcelo Macías estiveron na libraría para presentar o seu traballo do trimestre que consistía na creación, de principio a fin, dun libro para nenos. Para todos eles era a súa primeira experiencia como creadores de literatura infantil, mais ninguén o diría á vista dos traballos realizados, cheos de creatividade e orixinalidade e coidados ó detalle: houbo algún feito con material de reciclaxe, outro elaborado de xeito artesanal coma un collage; algún plastificado para seren usado no baño; algún feito a partir dun libro usado… houbo historias prácticas, de fantasía, surrealistas… Todos e cada un deles tiña algo que o facía especial (houbo algún cliente que nos dixo que de estaren á venda mercaríaos sen dubidalo ).

Aquí podemos ver unha pequena mostra dos traballos realizados. En total foron cinco os libros presentados:
“Sofía empieza el cole” de Pedro Maceiras
“Las aventuras de Pipo” de Pablo Ares
“Beto y su fiesta de cumpleaños” de Marta Leira
“Las aventuras del conejo Dani” de Laura Moreira
“René vuela soñando” de René Olmo
“Leo” de Laura Costa

Tedes máis información sobre os libros e os seus autores no blog da escola.

Foi un pracer recibilos en Quimbamba , onde estivemos un bo rato falando de libros, con eles e co seu profesor Jorge Couceiro. Seguro que algún día nas nosas estanterías haberá algún libro de calqueira destes artistas.
Recent Comments