TIC TAC

Libraría Add comments

Este sábado pasamos un rato ben  divertido escoitando, contando e cantando ó ritmo dun tic-tac moi especial …

Escoitamos contos……

IMG_3222

….cantamos as cancións que compuxo Pablo…

IMG_3235

…escoitamos abraiados, cos ollos e as orellas ben abertas…

IMG_3240

…bailamos o rock do porco celta..

IMG_3254

…e quedamos moi contentas co noso libro-disco adicado.

IMG_3258

¡Moitas grazas a Patricia e a Pablo póla súa alegría!

¡Ás mamás e papás por traeren ás nenas e nenos compartir un rato con nós!

E a todos os que co su apoio seguen facendo posible que este proxecto tan ilusionante continue a súa andaina.

IMG_3247

E, por suposto, noraboa a Pablo Díaz e a Kalandraka pola súa impagable labor de fomento da lectura e difusión dunha cultura viva que esperamos deixe o seu pouso nos pequenos e pequenas, encha os seus soños e lles axude a medrar felices.

3 Responses to “TIC TAC”

  1. OliviaP Says:

    que sorte! a ver se ven a Lugo e me entero (esa é outra), se estivese nos corenta principais na miña casa xa tiña voto para estar no primeiro posto… e enriba con eses marabillosos gravados de Taeger!

  2. KALANDRAKA Says:

    Grazas, amig@s
    Foi un pracer compartir con vós e con todos os nenos e nenas este traballo musical e artístico. Afinade a vista, o oído, a voz… e a cantar e contar Tic-Tac.
    Apertas dende KALANDRAKA

  3. Aprendiz de pai Says:

    Muitas graças a vós por tudo. É um prazer acudir a estas festas dos sentidos e da diversão comum.

Leave a Reply

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Log in