![cuberta-NENA-E-GRILO5-(web)[1] cuberta-NENA-E-GRILO5-(web)[1]](http://www.librariaquimbamba.com/wp-content/cuberta-NENA-E-GRILO5-web11.jpg)
Este libro transcurre nun país que non todo o mundo recoñece: “…O País das apertas no ten fronteiras, pero cabe na imaxinación de calquera. Alí vive un principiño que debeu escapar dalgún libro, un grilo cantareiro e unha nena máxica, transparente coma unha pompa de xabón, que, cando soña, enche o aire de risas e misterios”.
Neste país pasan cousas extrañas, como que un grilo e unha nena se fagan amigos, que os animais rompan a bailar, que a nena saia da barriga dun volcán , que a xente se entenda aínda que fale diferente, que anden todos ó revés… É un país feito de historias, de cancións, de música, de contos, de debuxos.. Anda todo mesturado, pero enténdese moi ben e disfrútase moito.
Os textos e a música son de Magín Blanco acompañado polas voces de Uxía Senlle, Guadi Galego, a Asociación Folque infantil ou Ugía Pedreira entre outros. As ilustracións, usando a técnica do collage, son de Iván Prieto.
O coidado posto tanto na parte estética coma na musical fai que ,sendo un disco-libro perfecto para os pequenos xa que para eles está pensado e deseñado, poida ser disfrutado unha e outra vez polos maiores (e non hai dúbida de que os discos para nenos teñen que ser de ida e volta e volta a empezar… unha vez e outra vez máis). Esa é a gran vantaxe de ser publicado por unha editorial que sabe e demostra que “ infantil “pode ser sinónimo de experimentación e calidade.
A nena e o grilo
Editorial : OQO
Recent Comments