

¡Marchamos de vacacións do 9 ó 23 de Agosto!


Éstes son algúns dos libros que levamos nas maletas


E tamén


¡Feliz Agosto e boas lecturas!



¡Marchamos de vacacións do 9 ó 23 de Agosto!


Éstes son algúns dos libros que levamos nas maletas


E tamén


¡Feliz Agosto e boas lecturas!

O sábado fixemos na libraría unha actividade baseada no libro “Madrechillona”.
Primeiro escoitamos ben atentos o conto. Sorprendeunos moito: ás veces as mamás dos contos berran coma as de verdade.

Despois, puxémonos traballar: pintamos os lugares onde foron parar os anacos do pingüín…

…. estabamos moi concentrados debuxando xuntos.


Entre todos, con moito coidadiño, tivemos que atopar os anacos do pingüín. Estaban ben escondidos nas caixas!.

O corpo fora parar ó fondo do mar…

… a cabeza acabou no universo…

.. o peteiro estaba nas montañas.E así, tódolos anaquiños.
Por fin xuntámolo todo, pegámolo xunto a súa mamá e puxémoslles ós dous un sorriso ben grande.

A verdade e que nos quedou case case igual de chulo que o libro de Jutta Bauer.. ó mellor algún de nós convértese nun escritor ou nunha ilustradora coma ela. Polo de agora xa somos grandes artistas!

O premio Hans Christian Andersen de literatura infantil recoñece cada dous anos a un escritor e a un ilustrador que, a xuicio do xurado do IBBY, están realizando co seu traballo unha contribución á literatura infantil chamada a perdurar no tempo. No ano 2010 a ilustradora premiada foi a alemana Jutta Bauer, destacando a creatividade dunha obra que combina de xeito maxistral fantasía e realidade cun orixinal enfoque filosófico e unha gran capacidade narrativa e de conexión cos seus lectores: ” As imaxes de Jutta Bauer permanecen na memoria. Nas súas ilustracións uns poucos detalles son suficientes para reflectir a ambigüidade das situacións que atopamos na nosa vida. A diferencia entre ser e aparentar”.
A ilustradora naceu en Hamburgo no ano 1955 . Ela mesma conta que xa que non era moi boa estudante pero tiña unha capacidade extraordinaria para o debuxo, todos os seus profesores pensaban que tiña que atopar o xeito de adicarse profesionalmente á súa paixón, así que estuda na Escola Superior de Deseño e comeza a ilustrar os textos doutros escritores e a facer tiras cómicas para unha coñecida revista alemana. O primeiro libro infantil que publica escrito e ilustrado por ela é “La reina de los colores”, onde xa atopamos moitos dos elementos que caracterizarán toda a súa obra.
Porque é unha autora que nos encanta, porque este ano pasará por Santiago onde se realizará unha exposición das súas ilustracións e porque queremos contribuír co noso pequeno gran de area á difusión dunha obra que destaca pola súa coherencia e polo enorme respecto ós seus lectores, en Quimbamba imos adicarlle unha quincena : do 19 de xuño ó 3 de xullo teremos unha mostra de toda a súa obra publicada en España e o sábado 19 faremos unha actividade plástica baseada no seu libro “Madrechillona”.
![]()
“Penso que os contos, os relatos, son coma recipientes baleiros: preséntanse ante nós cunha forma concreta, pero cada lector, sen que importe a súa idade, éncheos coas súas experiencias e coas súas propias historias”.
Para coñecer máis sobre os criterios que se tiveron en conta para a concesión dos Andersen 2010: aquí

Este sábado tivemos en Quimbamba un contacontos que para nós foi algo especial; e foino porque quen viu contar os contos é realmente especial. De todas as persoas ás que estamos en verdade agradecidas (e afortunadamente son xa un bo feixe delas), Juana ocupa sen dúbida o primeiro posto na lista. Hai moitas razóns para elo; o cariño que nos amosou dende o primeiro momento, o “chute” de enerxía que supón para nós cada vez que ven visitarnos, a súa xenerosidade en transmitir o que sabe (e sabe moito) ou o seu impagable e desinteresado labor de difusión, entre outras.

Pero tamén foi especial porque Juana, sentada nunha cadeira e coa única axuda da súa voz, engaiolounos a todos, nenos e maiores. E toda esa maxia sae da súa experiencia como mestra , de anos compartindo cos seus alumnos a paixón polos libros.
Case todos gardamos no noso interior un oco, pequeniño pero intacto ó longo do tempo , para un mestre ou unha mestra que deixou en nós a súa pegada. Coñecendo a Juana estamos seguras de que ela ten plantado unha semente en moitos nenos e nenas e que esa semente agromará neles dun ou doutro xeito, e sabémolo porque comparte con eses mestres que recordamos unha calidade discreta e pouco común: é unha persoa inspiradora.

Coma sempre o noso agradecemento a todos os que viñeron pasar a mañá do sábado con nós (e grazas a Ramiro polas fotos).
Este sábado pasamos un rato ben divertido escoitando, contando e cantando ó ritmo dun tic-tac moi especial …
Escoitamos contos……

….cantamos as cancións que compuxo Pablo…

…escoitamos abraiados, cos ollos e as orellas ben abertas…

…bailamos o rock do porco celta..

…e quedamos moi contentas co noso libro-disco adicado.

¡Moitas grazas a Patricia e a Pablo póla súa alegría!
¡Ás mamás e papás por traeren ás nenas e nenos compartir un rato con nós!
E a todos os que co su apoio seguen facendo posible que este proxecto tan ilusionante continue a súa andaina.

E, por suposto, noraboa a Pablo Díaz e a Kalandraka pola súa impagable labor de fomento da lectura e difusión dunha cultura viva que esperamos deixe o seu pouso nos pequenos e pequenas, encha os seus soños e lles axude a medrar felices.

Xusto antes do Nadal os alumnos de primeiro curso de diseño da Escola Superior Marcelo Macías estiveron na libraría para presentar o seu traballo do trimestre que consistía na creación, de principio a fin, dun libro para nenos. Para todos eles era a súa primeira experiencia como creadores de literatura infantil, mais ninguén o diría á vista dos traballos realizados, cheos de creatividade e orixinalidade e coidados ó detalle: houbo algún feito con material de reciclaxe, outro elaborado de xeito artesanal coma un collage; algún plastificado para seren usado no baño; algún feito a partir dun libro usado… houbo historias prácticas, de fantasía, surrealistas… Todos e cada un deles tiña algo que o facía especial (houbo algún cliente que nos dixo que de estaren á venda mercaríaos sen dubidalo ).

Aquí podemos ver unha pequena mostra dos traballos realizados. En total foron cinco os libros presentados:
“Sofía empieza el cole” de Pedro Maceiras
“Las aventuras de Pipo” de Pablo Ares
“Beto y su fiesta de cumpleaños” de Marta Leira
“Las aventuras del conejo Dani” de Laura Moreira
“René vuela soñando” de René Olmo
“Leo” de Laura Costa

Tedes máis información sobre os libros e os seus autores no blog da escola.

Foi un pracer recibilos en Quimbamba , onde estivemos un bo rato falando de libros, con eles e co seu profesor Jorge Couceiro. Seguro que algún día nas nosas estanterías haberá algún libro de calqueira destes artistas.
Hai uns días recibimos na libraría un agasallo moi especial. A nosa amiga Alba xa nos contara, moi fachendosa, que o seu pai escribía poesías e ambos trouxeron un poema escrito especialmente para nos:
Para a Libraría Quimbamba, habilitadoras da beleza.
Quem entra aqui descalça a sua percepção:
Uma chama sem fim abre as janelas dormidas,
Invadindo a cidade com o seu pequeno infinito
Mentres ocupamos o lugar certo dos sonhos.
Boa é a viagem deste desaprender o medo
Até sermos casa da música primeira do sol:
Moramos na vibração deste cântico ilimitado,
Bem cercano à nossa definitiva mutação em
Amantes das ilhas libertadas por cada livro.
Alba, que está aprendendo a facer trenzas e practica cando pode nas nosas bonecas, ten pensado ser unha perruqueira-poeta e nos pensamos que cos pais que ten ha ser o que ela queira ser. Para nos é difícil explicar o agradecemento que sentimos hacia persoas coma este “aprendiz de pai” que dende o principio e case sen coñecernos establecen con nos unha complicidade tan especial . É de verdade un dos praceres inesperados deste humilde oficio de libreiras. Grazas.
Outros poemas de Ramiro Torres: aquí

Marchamos de vacacións do 7 ó 24 de Agosto .
Coma Frederick pensamos facer unha boa colleita de palabras, cores, sonos e raios de sol e gardalos ben gardadiños para encher con eles Quimbamba durante todo o inverno. Para non esquecer a nosa misión levamos nos petos a colección de libriños para prelectores que, co ratiño de Leo Lionni como protagonista, Kalandraka publicou este verán e que seguro que será unha das nosas recomendacións nos próximos meses.
Que pasades un Agosto fantástico!
Recent Comments