DÍA DAS BIBLIOTECAS

Novas No Comments »

bbw_read

Hoxe voltamos celebrar o día das bibliotecas. No pregón que o pasado ano escribía Agustín Fernández Paz podiamos ler:

“Entra neste espazo que agarda por ti, neste ámbito onde cada palabra é un don que recibimos como agasallo. Percorre todos os recantos desta casa da liberdade, respira este aire que non sabe de fronteiras, déixate levar polo río de recendos que anuncia os tesouros da biblioteca. Estamos nun lugar especial, sería imposible confundilo. Desde o ceo debe de verse como un punto de luz brillando coa intensidade maior, como un aleph que contén a memoria e os soños da humanidade. Unha luz, si. Unha luz que escintila coma un faro entre as tebras, co rítmico latexar dun corazón inmenso que expande ondas de liberdade e de esperanza polo territorio que a circunda[...]ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas. As mesmas persoas que logo, ao saíren por rúas e prazas, levarán canda elas o reflexo desa luz, a semente dese mundo novo que algún día faremos agromar. Un mundo máis solidario, máis plural, máis culto, máis xusto. Un mundo onde non se escoite a voz adormecedora dos poderosos, senón as palabras múltiples e diversas de todas as persoas que habitamos esta casa común que é o noso planeta”.

Todos os anos a ALA (Asociación de Bibliotecas dos Estados Unidos) celebra a semana dos libros prohibidos e publica unha lista con aqueles libros que, ó longo dese ano, son obxecto de denuncias para  seren retirados das bibliotecas ou dos colexios porque os seus contidos son considerados pouco aptos para nenos ou mozos. Desas peticións algunhas son atendidas e os libros son censurados ou afastados a unha sección especial onde só poden ser retirados baixo autorización paterna; outras peticións non se teñen en conta e os libros seguen dispoñibles sen restricións, hai institucións que practican a autocensura para evitar a polémica e directamente non mercan os libros que teñen un maior número de denuncias. A lista  publícase precisamente para evitar que a censura, vestida coa ropaxe da protección á infancia, penetre pola porta de atrás nas sociedades onde a liberdade de expresión dáse por sentada .

Todos os libros que lemos  chegan ás nosas mans despois de que alguén decidirá por nós se merecían ou non seren publicados, publicitados, louvados ou desdeñados; a nosa capacidade de elección como en todo é relativa. No caso da literatura infantil aqueles que actúan de intermediarios entre os libros e os nenos son ás máis das veces os mesmos que teñen nas súas mans a responsabilidade de educalos e, polo tanto, de decidir qué debe ser mostrado ós nenos e qué debe ocultarse. Non é unha decisión doada. As bibliotecas son case por definición un refuxio para a tolerancia, a pluralidade, a multiplicidade, un espacio de liberdade, cunha vocación clara de abrir as portas dos libros a todos aqueles que teñen pechadas outras moitas portas. Para crer ata que punto as bibliotecas poden contribuír á mellora da vida das persoas só hai que mirar para experiencias como as de Medellín en Colombia. Para entender ata que punto os libros contribúen á formación da realidade social só hai que mirar para as listas e os motivos dos censores. A responsabilidade de decidir qué libros teñen que estar a disposición dos nenos e nenas que herdarán este mundo é bastante máis importante do que poida parecer.

Felicidades ós bibliotecarios e bibliotecarias e sorte no seu labor.

Para saberes máis sobre a semana dos libros prohibidos tedes información nesta páxina:

www.ala.org

LOS ABECEDARIOS DE BLOC

Novas No Comments »

00112.jpg

El número de primavera de la revista BLOC está dedicado a los abecedarios ilustrados. Han reunido a 27 ilustradores y han creado su propio abecedario en el que cada letra corresponde a la inicial de un personaje de la literatura infantil : Alicia, Konrad, Mowgli… así hasta completar el alfabeto. Cada una de las letras va acompañada de la reflexión de un escritor sobre el personaje o sobre el creador del mismo. Completa el número un reportaje dedicado al autor gallego Juan Farias y la habitual sección de reseñas literarias, en esta ocasión también centrada en distintas propuestas de abecedarios ilustrados.

Con éste son ya tres números, con los que la revista ha conseguido hacerse con un espacio propio dentro del mundo de las publicaciones dedicadas a la literatura infantil y lo ha hecho otorgando a la ilustración el papel que se merece, un papel que está logrando que a la literatura infantil se la juzgue y valore por sus propios méritos o fallos y no como si fuese la hermana pequeña de la literatura con mayúsculas.

BLOC se ha impuesto unos estrictos criterios de calidad que son ya un sello de identidad: textos e ilustraciones originales, diseño y presentación tan esmerados que cuidan hasta el tacto del papel con el que se edita y la vocación clara de superar localismos y modas para sacar a la luz números sin fecha de caducidad destinados a competir sin pudor con cualquier buen libro por un hueco en nuestras estanterías.

0028.jpg

 

 En la L de Lobo: “…siempre le venció la zorra y, alguna vez, tres cerdos, siete cabritos y una niña de caperuza colorada.”

www.revistabloc.es

LIBROS, COLORES, LETRAS

Novas No Comments »

dsc00100.JPG

Este fin de semana estivemos en Oviedo onde, por casualidade, demos cunha mostra de ilustracións de libros infantís. Entramos e, para a nosa sorpresa, atopamos algún vello coñecido…

dsc00099.JPG

…coma os peixes, as lulas e os outros habitantes mariños cos que se ía atopando o poema que caera ó mar;  Chispina;  Tin e Ton, todavía de viaxe polo can adiante; a Malva  co seu paraugas máxico, e, mentras escoitabamos os “poemes de Carambelu” , tamén fixemos algunha nova amiga  que esperamos ter pronto connosco en Quimbamba.

dsc00093.JPG

 

Chámase Daniela e pareceunos unha nena ben xeitosa.

A exposición estará ata o 3 de Abril no Café Español de Oviedo.

¡Noraboa a Pintar-Pintar editorial!

www.pintar-pintar.com

EDUCACIÓN E CINE

Novas No Comments »

A Biblioteca de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña ven de inaugurar o seu wiki de cine de educación e psicoloxía (http://cineduca.pbwiki.com).

Está dividido en dous apartados:

1. Filmografía por materias (educación, psicoloxía…)

 2. Recursos sobre cine.

O certo é que paga moito a pena facerlle unha visita, xa que está traballadísimo, tanto a parte de filmografía, moi completa e perfectamente estructurada, como a parte de recursos (bibliográficos, documentais, na rede…) que o convirte nunha estupenda ferramenta non só para educadores senón para o público en xeral. Un traballo fantástico.

BOLOGNI RAGAZZI AWARD 2009

Novas No Comments »

 robinson-crusoe.jpg

El día 23 de Marzo tendrá lugar la entrega de los Bologni Ragazzi Award del año 2009. En esta ocasión hay que felicitar de nuevo a la editorial valenciana Media Vaca que consigue por tercera vez ganar uno de estos prestigiosos premios con una  versión muy personal de “Robinson Crusoe” realizada por el ilustrador cubano Ajubel. Se trata de una narración en imágenes que, según el jurado, “..pone en entredicho , de una manera valiente, el tradicional vínculo entre texto e imagen, elevándolo a un nuevo y superior nivel.”
Es también la audacia de la ilustradora Alba Marina Rivera , al enfrentarse a “uno de los más incisivos y perturbadores relatos de la novelística moderna”, el rasgo que en primer lugar destaca el jurado para conceder a “El contador de cuentos “, publicado por la venezolana Ekaré, el primer premio en la categoría “Nuevos Horizontes”.
Lo cierto es que ambos libros son, cada uno a su manera, excepcionales propuestas gráficas que engrandecen el texto en que ambos se inspiran para crear una obra diferente, original e innovadora , editadas ambas con el cuidado y la dedicación que merecen.
Enhorabuena por tanto a los autores y felicitaciones a las dos editoriales por su buen criterio y coherencia .

CONCURSO “IMÁGENES PARA UNOS VERSOS”

Novas 1 Comment »

   Chega a nosa conta de correo unha circular da fundación Blas de Otero na que se nos informa da convocatoria do concurso de fotografía “Imágenes para unos versos” destinado a xoves entre 14 e 20 anos. O concurso xurde coa intención de promover o coñecemento da obra deste poeta entre a xente nova e de “vincular a poesía de Blas de Otero coas imaxes captadas polos participantes buscando nos versos e as imaxes un cruce de emocións e sensibilidades”. Pídesenos colaboración na difusión do concurso, ó que accedemos con gusto na medida das nosas posibilidades, porque éste tipo de iniciativas merecen toda a publicidade posible e porque algúns dos versos do poeta vasco me acompañan dende hai moito tempo.

Información e bases: www.fundacionblasdeotero.org

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA

Novas No Comments »

Hoxe, 24 de outubro, é o Día da Biblioteca. Dicía Augusto Monterroso que unha das súas sortes como lector foi nacer pobre nun país pobre, xa que así toda a súa formación literaria transcorreu na biblioteca pública, que carecía de cartos para mercar libros, dependía das donacións e, polo tanto, tiña sobre todo obras clásicas , de “probada solvencia”. Deixando a un lado a ironía que sen dúbida encerran  as palabras do escritor guatemalteco, non deixa de ser certo que a biblioteca é o único lugar de acceso ós libros do que dispoñen moitos nenos no mundo; pero dase o paradoxo de que nun país rico como é o noso, a sobreproducción editorial está a converter as bibliotecas case no único refuxio que teñen os libros máis aló das mesas de novidades das librarías. As bibliotecas alongan a vida dos libros e permiten que cheguen a un maior número de lectores. Para moitos nenos a biblioteca da súa escola, do seu barrio ou da súa vila pode ser o lugar onde atopar libros distintos, libros que se acheguen a eles de xeito diferente; que lles ofrezan outras miradas, outros enfoques; libros clásicos que teñen conquistado a outras xeracións ou libros de vangarda que exploran novos xeitos de comunicación. A boa literatura expande o pequeno mundo en que cada un de nos vivimos;  canto menos uniformes sexan os libros que lemos, máis rico será ese noso mundo. As bibliotecas contribuen a esa diversidade e ofrécenlles ós libros algo que éstes necesitan tanto como as persoas e do que cada vez, como as persoas, teñen menos: tempo.

Felicidades pois ás bibliotecas e a todos os bibliotecarios e as bibliotecarias .

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Log in