
” Cómo comezou o mundo.
Dous poetas contan e supoñen
nun ir e vir de historias como foi a creación.
Este libro é unha viaxe de ida e volta
en que a través de 34 historias alternas
iremos descubrindo unha peculiar orixe do mundo:
comeza Jürg Schubiger e remata Franz Hohler”
Único dos libros de Jutta Bauer que está publicado en galego. O texto non é dela , mais parece claro que cando decide ilustrar a historia doutro autor algo hai no texto que conecta coa súa propia visión das cousas . Neste caso, sen dúbida, o “nonsense”, as situacións surrealistas e un tanto irreverentes, e sempre, sempre o humor.
Un feixe de historias curtas din que sobre a orixe do mundo, aínda que tamén podemos dicir que son sobre a linguaxe, o amor, a amizade, a comunicación, a violencia, a igualdade, a desigualdade, o ben e o mal, deus e o demo, os zapatos, as estrelas, os leóns, as cabras…. Escritas por dous artistas ben curiosos: Jürg Schubirger, escritor e psicoterapeuta , pero tamén xardiñeiro ou cortador de cartón e Premio Nacional Alemán de literatura infantil e Franz Hohler, escritor, contacontos e artista de cabaré. E interpretadas cos seus debuxos por Jutta Bauer.

Así comezou todo
Editorial: Xerais












Recent Comments