ACHEGÁNDONOS A JUTTA BAUER (II)

Reseñas No Comments »

reinacolores

 

 

 

 

 

Malwida es la reina en el país de los colores. Sale de su castillo cada mañana y va llamando a sus súbditos, que responden a su llamada según su carácter: de forma sosegada el azul, impetuosamente el rojo, irradiando luz el amarillo…Pero un día se monta una buena pelea, los colores se amontonan, se mezclan y, de pronto, todo es gris y uniforme en torno a Malwida que se siente cada vez  más triste y apagada. Hasta que rompe a llorar y con el llanto, poco a poco, los colores  van apareciendo y el mundo cobra vida de nuevo.

Según cuenta la autora éste fue el primer libro  que publicó en el que ilustraba un texto propio y reflejó en él su propia experiencia como ilustradora, pero ,como suele suceder, sus vivencias personales se colaron en la obra y por ello esta historia nos habla del arte y de la creatividad, pero también de la monotonía, de la tristeza, del conflicto, de la alegría, de las ganas de vivir, de la belleza… en definitiva, de la vida con su complejidad y sus contradicciones.

Así, con su primer  libro, Jutta Bauer ya  deja bien claro que para ella la sencillez no está reñida con la profundidad y que la literatura infantil sólo es simple cuando es mala.

La reina de los colores

Escrito e ilustrado por: Jutta Bauer

Editorial: Lóguez

ACHEGÁNDONOS A JUTTA BAUER

Libraría No Comments »

O premio Hans Christian Andersen de literatura infantil recoñece cada dous anos a un escritor e a un ilustrador que, a xuicio do xurado do IBBY, están realizando co seu traballo unha contribución á literatura infantil chamada a perdurar no tempo. No ano 2010 a ilustradora premiada foi a alemana Jutta Bauer, destacando a creatividade dunha obra que combina de xeito maxistral fantasía e realidade cun orixinal enfoque filosófico e unha gran capacidade narrativa e de conexión cos seus lectores:  ” As imaxes de Jutta Bauer permanecen na memoria. Nas súas ilustracións uns poucos detalles son suficientes para reflectir a ambigüidade das situacións que atopamos na nosa vida. A diferencia entre ser e aparentar”.

A ilustradora naceu en Hamburgo no ano 1955 . Ela mesma conta que xa que non era moi boa estudante pero tiña unha capacidade extraordinaria para o debuxo, todos os seus profesores pensaban que tiña que atopar o xeito de adicarse profesionalmente á súa paixón, así que estuda na Escola Superior de Deseño e comeza a ilustrar os textos doutros escritores e a facer tiras cómicas para unha coñecida revista alemana. O primeiro libro infantil que publica escrito e ilustrado por ela é “La reina de los colores”, onde xa atopamos moitos dos elementos que caracterizarán toda a súa obra.

Porque é unha autora que nos encanta, porque este ano pasará por Santiago onde se realizará unha exposición das súas ilustracións e porque queremos contribuír co noso pequeno gran de area á difusión dunha obra que destaca pola súa coherencia e polo enorme respecto ós seus lectores, en Quimbamba imos adicarlle unha quincena : do 19 de xuño ó 3 de xullo teremos unha mostra de toda a súa obra  publicada en España e o sábado 19 faremos unha actividade plástica baseada no seu libro “Madrechillona”.

“Penso que os contos, os relatos, son coma recipientes baleiros: preséntanse ante nós cunha forma concreta, pero cada lector, sen que importe a súa idade, éncheos coas súas experiencias e  coas súas propias historias”.

Para coñecer máis sobre os criterios que se tiveron en conta para a concesión dos Andersen 2010: aquí

UNHA HISTORIA PARA UN CADRO

Reseñas No Comments »

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Museo de Belas Artes da Coruña e a súa Asociación de Amigos tiveron a idea de propoñerlles a catro escritores galegos que escribisen uha historia partindo dun cadro da colección permanente do museo. Os catro escritores foron: Suso de Toro, que elexiu o cadro “Dédalo e o Minotauro” , de Pedro Pablo Rubens, para crear “Chega un baixel”; Fina Casaderrey, imaxinou a historia da “Pequena gardiana” contemplando a obra “Castigo” de Tomás Muñoz Lucena; Yolanda Castaño inspirouse no cadro de Urbano Lugrís, “Mariña Surrealista”, para escribiren  unha obra co mesmo título e Marilar Aleixandre escribiu “Botella ao mar” partindo da obra “As mariscadoras” de Luis Seoane. 

Como é lóxico, da combinación entre escritor e cadro saíron libros moi diferentes: Suso de Toro inventa  para o Minotauro  un destino máis amable do que conta a mitoloxía. Yolanda Castaño dalle a Lugrís  o poder de desfacer un feitizo e liberar unha serea coa forza da súa pintura. Fina Casalderrey imaxina para nós un conto con ananos, tesouros, fadas e mouras . Por último, Marilar Aleixandre, escribe a que  quizás sexa a nosa preferida das catro historias: un intercambio de botellas con mensaxe entre o pintor Luis Seoane, exilado en Bos Aires, e Miguel, un neno da Coruña .

Para facer ainda máis interesante a proposta os catro libros están ilustrados por Xosé Cobas. En definitiva, unha boa mestura entre literatura e arte.

MILU

Novidades No Comments »

milu

Onte estivemos na presentación en sociedade de “Milu”, unha nena feliz que ten que ver como a súa familia comeza pouco a pouco a perder as cousas: a risa, as cancións, os xogos, o pan, a esperanza …. ata que acaban perdéndose os uns aos outros.  Comeza así  para eles un camiño longo e difícil , un camiño no que hai que volver atopar todo o que se perdeu: a seguridade, a estabilidade, a alegría e, por fin, as forzas para xuntarse de novo. Por sorte para Milu hai xente que está disposta a axudala  a facer ese camiño un pouquiño máis doado de percorrer.

Esta é a historia que conta este libro, escrito por Manuel Rivas e ilustrado por Aitana Carrasco ( que volve marabillarnos cos seus debuxos). Unha historia, a de moitos pequenos e pequenas, que sería ben diferente de non ser por entidades como a  Fundación Meniños, á que se destina o 10% do importe do libro e que traballa para que os nenos, nenas e adolescentes que viven en situación de dificultade social poidan exercer o seu dereito a medrar nunha familia que lles proporcione seguridade e afecto.

 

Escrito por: Manuel Rivas

Ilustrado por: Aitana Carrasco

Editorial : Kalandraka

EDUCAR A MIRADA

Varios No Comments »

anthony-browne-gorilla-il-005-500x386

Dous vídeos ben interesantes. Dúas reflexións dende perspectivas totalmente diferentes sobre a importancia que teñen as historias que os nenos ( e os maiores) len, escoitan ou ven.

A primeira, en ladrándolle á lúa, é unha certeira e impactante charla da escritora nixeriana, Chimamanda Adichie, sobre os perigos de caracterizar a todo un pobo, un país , unha cultura, unha persoa… en base a unha historia que asumimos como única. É un pracer escoitala : As historias importan. Moitas historias importan.

ACHIMAMANDA

A segunda,  no estupendo blog  ilustroskop, é unha entrevista co escritor e ilustrador  inglés Anthony Browne na que fala da importancia de educar a mirada e na que deixa ben claro  o enorme respecto co que trata aos nenos como receptores primeiros das súas creacións. Non creo que estemos a valorar o proceso de observación. Hai que aprender a mirar.

Anthony-Browne-001

UNA MARAVILLA

Novidades No Comments »

10808_g[1]

” En el dintel de la puerta puede leerse 1656 : un año de peste, el año de su construcción. La hicieron de piedra y madera, pero, con el paso del tiempo, sus ventanas comenzaron a ver y sus cornisas a oír. Vio crecer familias y caer árboles. Oyó risas y disparos, conoció tormentas, martillos y sierras, y, finalmente, fue abandonada. Mucho tiempo después, un día, unos niños se aventuraron bajo su sombra buscando setas y castañas, y volvió a nacer con el amanecer de la edad moderna. Esta es su historia durante el siglo veinte, contada desde lo alto de una vieja colina. “

La historia de una casa es la historia de la familia que la habita, la historia de la familia es el relato de una época. Los  acontecimientos históricos que enmarcan la vida, las  alegrías y tragedias que la conforman. Las impresionantes ilustraciones de Innocenti van reflejando el paso del tiempo: cambian las estaciones, los trabajos ligados a las mismas, la ropa, los enseres, la composición de la familia… Hay acontecimientos felices y hay  tragedias y , por encima de todas , el peso casi insoportable de la guerra, de la sinrazón humana, en la vida sencilla de personas anónimas. Y, siempre, la casa como refugio y testigo de todo.

En el texto original del escritor estadounidense J. Patrick Lewis, coautor con el ilustrador italiano de esa otra joya que es “El último refugio”,  es precisamente la casa quien nos  habla por medio de un poema rimado de gran fuerza expresiva, que se pierde un poco en la traducción al renunciar a la rima y convertir el poema en una narración en tercera persona que le resta cierta emotividad.

Como libro es una auténtica obra de arte, hermosa y conmovedora, en la que los autores parecen reflejar toda su añoranza por un mundo casi desaparecido y , a juzgar por la última imagen de la casa, sus dudas sobre el mundo por venir.

Una pena que no se haya publicado también en gallego como las otras obras de Innocenti editadas por Kalandraka.

Escrito por: J. Patrick  Lewis

Ilustrado por: Roberto Innocenti

Editorial: Kalandraka

 

¡Tú puedes!

Novidades No Comments »

001

“A veces, los desafíos de la vida son mayores que el valor y las fuerzas disponibles. Entonces sólo ayuda algo: Cerrar los ojos y adelante. Y cuando los abres de nuevo, la vida es, de pronto, más bella.”

Nos encantan las obras de este autor alemán que convierte pequeñas historias en grandes libros, en los que el peso del relato corre a cargo de las ilustraciones, limpias y sencillas, y en las que la voz del narrador se sitúa, con gran economía expresiva y sentido del humor, entre los personajes y el lector (o “escuchador”) , interpelando a uno o a otro para crear un juego literario que nos involucra directamente en el relato.

Aquí, como en “Antón y las hojas”( quizás nuestro libro preferido de Könnecke), el protagonista se enfrenta a un pequeño gran reto del que sale airoso gracias a su tenacidad.


001


Escrito e ilustrado por: Ole Könecke

Editorial : Lóguez

SOPA DE NADA

Reseñas No Comments »

capa-SOPA-DE-NADA-esp3(web)[1]

Tiñamos a  intención de recomendar este libro, unha estupenda relectura e reescritura dun conto popular do que existen moitas versións diferentes en distintas culturas. Tiñamos a  intención de  recomendalo por moitas razóns: pola renovación estética dunha historia tradicional , pola súa estructura de repetición e acumulación que tanto lles gusta  aos pequenos; polo sentido do humor que necesita  da participación activa do lector para acadar  pleno significado; pola coidada linguaxe e os divertidos diálogos  entre os personaxes;  polas sorprendentes ilustracións da artista iraniana Rashin Kheiriyeh, da que non coñeciamos ningún traballo anterior pero á que procuraremos non perder de vista dende agora. En definitiva porque é un álbum absolutamente moderno no que late o espírito da literatura popular.

Como digo, tiñamos a intención de recomendalo coas nosas propias palabras pero, polo camiño,  atopamos unha reseña no estupendo blog  “literatura infantil y juvenil actual” e descubrimos que xa todo estaba dito alí, dun xeito que non somos quen de mellorar . Así que:  “Gústanos este libro. Razón aquí”.

Escrito por: Darabuc

Ilustrado por: Rashin Kheiriyeh

Editorial: OQO

WP Theme & Icons by N.Design Studio
Entries RSS Comments RSS Log in